Sendeirismo
VIA MARIANA 2026
Camiña conosco dende Braga a Muxía facendo as etapas da Vía Mariana…
martes 15 de setembro
💃🏻🕺🏻 Ruta de sendeirismo pola contorna de Conxo, Vidán e Santa Marta
Dentro da Semana Cultural de Conxo 2026, dedicada este ano ao deporte e á actividade física, organizamos unha ruta de sendeirismo para descubrir, dun xeito diferente, a contorna de Conxo, Vidán e Santa Marta.
Unha proposta para facer deporte, camiñar, compartir e descubrir Conxo e os seus arredores, nunha ruta sen grandes costas e por lugares pouco concorridos.
Porque o deporte tamén é unha forma de coñecer e vivir o noso territorio.
Sendeirismo
VIA MARIANA 2026
Camiña conosco dende Braga a Muxía facendo as etapas da Vía Mariana…
Programa
Proxima etapa
💃🏻🕺🏻 Ruta de sendeirismo pola contorna de Conxo, Vidán e Santa Marta
Dentro da Semana Cultural de Conxo 2026, dedicada este ano ao deporte e á actividade física, organizamos unha ruta de sendeirismo para descubrir, dun xeito diferente, a contorna de Conxo, Vidán e Santa Marta.
Unha proposta para facer deporte, camiñar, compartir e descubrir Conxo e os seus arredores, nunha ruta sen grandes costas e por lugares pouco concorridos.
Porque o deporte tamén é unha forma de coñecer e vivir o noso territorio.
Horticultura
Aprende a cultivar a túa propia horta dende cero
Gustaríache aprender a cultivar os teus propios alimentos de maneira ecolóxica?
A partir do 15 de setembro comezamos unha nova tempada cun novo horario.
🕓 Todos os venres, de 16:00 a 18:00 h.
Nas nosas clases aprenderás a cultivar a horta segundo a tempada, a coidar os cultivos e, cando o tempo non acompañe, realizaremos obradoiros de cociña, conservas e envasado.
Se queres aprender, compartir experiencias e gozar do contacto coa natureza, agardámoste.
🌱 Reserva os venres para a horta!
Comeza a hortelar con nós por só 49€ / mes.
Marcha nórdica
INÍCIATE NA MARCHA NÓRDICA e ATRÉVETE CUNHA NOVA EXPERIENCIA de camiñar cun xeito eficáz
Apúntate ao noso curso de iniciación dos mércores onde terás a oportunidade de aprender as técnicas fundamentais nun ambiente acolledor e motivador. Non o dubides, o Clube VÍA LACTEA é a REFERENCIA INDISCUTIBLE DA MARCHA NORDICA en Santiago de Compostela, avalados tanto polos créditos da súa docencia como pola práctica e experiencia dos seus membros xunto coa capacidade do clube na organización, promoción e participación en eventos deportivos relacionados con esta disciplina. Vémonos todos os mércores as 19:00h
Perfecciona a túa técnica segundo as túas propias expectativas
Se xa coñeces as técnicas fundamentais, estás federado, e queres desfrutar a tope ao aire libre, podes desenvolver e mellorar as túas habilidades deportivas uníndote aos nosos divertidos grupos de marchadores, vémonos todos os martes as 18:00h e os xoves as 18:30.
leva á práctica a túa EXPERIENCIA adquirida NA MARCHA NÓRDICA "marchando" con nós de roteiro cada mes
Apúntate á nosa 7ª ruta 2026 de
MARCHA NÓRDICA
en desfruta da boa compaña
!!
Montaña y Escalada
Curso de xestión do medo en escalada
🧗♀️ !Temos xa curso de escalada! 🧗♂️
Tiñamos moitas ganas de poder presentar este curso para a nosa sección de escalada e agora xa o temos aquí! 🙌
Un supercurso de Xestión do Medo na Escalada, para aprender a coñecer e xestionar o medo, gañar confianza e desfrutar aínda máis da escalada.
🔥 Unha actividade que nos fai moita ilusión e coa que esperamos inaugurar moitas máis propostas para a nosa sección de escalada!
⚠️ Prazas limitadas! Terán prioridade os socios/as federados do noso club.
material para préstamo d@s soci@s e para uso nas actividades do clube
El material estará a disposición de las personas asociadas del Club Deportivo Vía Láctea con licencia federativa, tanto a nivel particular, como para realizar los cursos de formación de la EGAM (Escuela Galega de Alta Montaña) o para las actividades propuestas por el Club Deportivo Vía Láctea, hasta que se agoten las unidades existentes, atendiendo a las normas pertinentes
