Coñece as licenzas autonómicas e nacionais
Coñece as vantaxes de federarte:
- Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME).
- Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM).
- Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional.
- Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio coa FGM.
- Prezos moi reducidos nos refuxios galegos.
- Comunicacións periódicas.
- Calendario de actividades.
- Participar en actividades divulgativas.
- Competicións oficiais de escalada, carreiras por montaña e marcha nórdica.
- Todas as vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME
Non esquezas que…
- Licenzas válidas por ano calendario. Todas as licenzas caducan o 31 de decembro.
- Debes ser socio/a do Club Vía Láctea para poder federarte con nós. Se aínda non eres parte da nósa familia montañeira ou precisas renovar a túa condición de socio/a, podes facelo agora a través dos distintos formularios dispoñibles a continuación:
Solicitude trámite de alta de NOVOS/AS SOCIOS/AS
NO CASO DE NOVOS/AS ALTAS DE SOCIO/A: unha vez enviada a túa solicitude do trámite de alta de socio/a, poñerémonos en contacto contigo na maior brevedade posible. NON REALICES NINGÚN PAGAMENTO antes de que che comuniquemos se a túa solicitude foi aprobada.
Alta ou Renovación de socio/a
NO CASO DE TER AUTORIZADA A ALTA OU QUERER FACER A RENOVACIÓN DE SOCIO/A: deberás realizar o pagamento de antes de cumprimentar o seguinte formulario, pois é preciso que adxuntes o xustificante bancario xunto co documento de Protección de datos cumprimentado.
Realiza o pagamento correspondente ao teu tipo de alta ou renovación na conta do Club Vía Láctea
ES43 2080 0396 0130 4000 1740 de ABANCA
Non olvides poñer no concepto:
Alta / Renovación de socio/a 2026
Alta autorizada ou Renovación de socio/a




