únete a nós

Faite socio/a do Club Vía Láctea

Fedérate con nós

Licencia Federativa de Montaña

Comecemos polo principio

 

O Club vía Láctea ten a súa orixe no Club Deportivo Santiagués, contituído o 29 de xullo de 1999, que modificou os seus estatutos en 2010 para cambiar a súa denominación e mudar a súa actividade principal, pasando a ser o sendeirismo e o montañismo.

No ano 2008, realizando o Camiño Portugués desde Valença do Minho a Santiago de Compostela, coincidimos un grupo de persoas que pronto entalan unha amizade e que comparten o gusto por camiñar e pola natureza. O rematar O Camiño Portugués, decidimos xuntarnos de vez en cando para facer algunha ruta de sendeirismo, realizando os desprazamentos nos nosos coches particulares e recorrendo distintos sendeiros da nosa verde Galicia.

O principio eramos 12-15 persoas, pero pouco a pouco foise unindo máis xente. Durante dos anos elaboramos un programa anual en colaboración co Concello de Santiago de Compostela que resultou moi popular e con moita asistencia de público, realizando varios Camiños de Santiago e rutas de Sendeirismo dentro e fora de Galicia.

Na actualidade estamos constituídos como asociación, desenrolando o noso propio programa anual con rutas de sendeirismo, montañismo e seguimos realizando cada ano un dos Camiños de Santiago.

Reunímonos os sábados alternos, algún fin de semana ou ponte os aproveitamos para desprazarnos fora da nosa comunidade.

 

Unha historia de amizade

 

O Club Vía Láctea e unha agrupación formada por persoas de distintas idades, sexos e procedencias, que nos reunimos con certa frecuencia co fin de gozar da natureza mediante a práctica do sendeirismo e o montañismo.

Non somos un grupo profesional, nin dispoñemos de guías profesionais, somos simples aficionados que nos ratos libres nos une a práctica deste deporte.

Somos un grupo aberto que permite participar nas actividades que organiza o clube un par de veces sen necesidade de pertencer nin ser socio/a, para comprobar se che gusta a actividade e a organización. Para seguir participando nas actividades só é preciso ser xa socio/a do clube e ter a Licenza actualizada da Federación de Montañismo ou un seguro de accidentes puntual que cubra posibles accidentes durante a práctica deste deporte. Estamos rexistrados na Federación Galega de Montañismo e facilitamos a tramitación das licenzas anuais.

Non nos move ningún ánimo de lucro, pero as actividades que conlevan gastos, como poden ser desprazamentos en autocares, preparación das rutas, contratación de seguros, etc., implican cobrar un importe mínimo que cubra ditos gastos.

 

Un club con valores

 

Únenos o respecto pola Natureza e a súa conservación, así como un espírito de compañeirismo e colaboración co resto dos compañeiros do camiño. Gústanos integrar, cando é posible, valores culturais, etnográficos e gastronómicos dos lugares que visitamos durante as nosas actividades.

 

Sen fronteiras

 

A maioría das persoas que forman parte ou participan no Club son residentes en Santiago de Compostela ou dos arredores, aínda que tamén hai un número de persoas habituais que residen noutras vilas e cidades de Galicia que comparten os mesmos gustos por este deporte.

 

Desde logo, onde mellor nos atopamos é camiñando por corredoiras, congostras, sendeiros de pescadores, sendas costeiras, vales, bosques, subindo a cumes, realizando travesías e percorrendo montañas.

Sentimos especial predilección polos espazo e parques naturais de Galicia, Somiedo/Ubiña, Picos de Europa e Pirineos.

Estatutos do noso clube

Descarga desde aquí os Estatutos que rexen a actividade do Club Vía Láctea.

¿Algunha dúbida?

Contacta con nós

Se queres saber máis acerca do noso clube ou sobre como formar parte, non o dubides e contacta con nós. Responderémoste coa maior brevedade posible.