Antes de facer o pago deberase solicitar a reserva que concrete a la relación de material persoal, isto é: UNHA SOLICITUDE PERSOAL POR SOCIO, así como a duración do aluguer, debendo facer este comunicado a través dun correo a escalada@clubvialactea.com e tendo en conta a seguinte e necesaria anticipación:

    • unha semana de antelación para actividades particulares
    • dúas semanas para actividades oficiais e federativas

Unha vez o clube confirme a dispoñibilidade do material solicitado (mediante a resposta do correo electrónico) podedes proceder completar o formulario específico, incorporando no mesmo o xustificante bancario do correspondente importe ingresado.

O material recollerase no lugar e horario acordado co Clube.

Conservar o material do clube é responsabilidade de todos. Se atopas cualquera desperfeto no material, por favor, comunicádenoslo para poder arreglalo axiña 🙂

SOLICITUDE DE MATERIAL DE ESCALADA