CURSO DE HORTA ECOLÓXICA
Conecta coa Terra
Aprende a deseñar, cultivar e manter o teu propio espazo verde de forma sostible e respectuosa co medio ambiente.
Tamén aprenderás a cociñar de maneira saudable con produtos da túa horta e a preparar conservas para ser autosuficiente durante todo o ano.
Un percorrido práctico e teórico ao longo dun ano completo para comprender os ritmos da natureza e colleitar os teus propios alimentos saudables.
Estrutura mensual das clases
Para garantir unha aprendizaxe equilibrada, cada mes organízase seguindo este esquema:
- Clases 1 e 2: Teoría aplicada. Fundamentos esenciais: solo, biodiversidade, pragas e deseño.
- Clase 3: Obradoiro práctico de infraestrutura. Construción de ferramentas e elementos de apoio para a horta. Preparación de remedios naturais, cociña vexetal e conservas.
- Clase 4: Práctica directa na horta. Traballos de sementeira, mantemento e colleita sobre o terreo. Cultivos das catro estacións.
** Para poder asistir ás xornadas requerirase o ter a condición de socio do club
Datos clave do curso
- Horario: Todos os venres de 16:00 h a 18:00 h.
- Frecuencia : 4 clases ao mes.
- Localización: Centro Sociocultural de A Rocha Vella.
- PREZO: 49’00 €/mes