CURSO DE HORTA ECOLÓXICA

Conecta coa Terra

Aprende a deseñar, cultivar e manter o teu propio espazo verde de forma sostible e respectuosa co medio ambiente.
Tamén aprenderás a cociñar de maneira saudable con produtos da túa horta e a preparar conservas para ser autosuficiente durante todo o ano.
Un percorrido práctico e teórico ao longo dun ano completo para comprender os ritmos da natureza e colleitar os teus propios alimentos saudables.

 

Estrutura mensual das clases

Para garantir unha aprendizaxe equilibrada, cada mes organízase seguindo este esquema:

  • Clases 1 e 2: Teoría aplicada. Fundamentos esenciais: solo, biodiversidade, pragas e deseño.
  • Clase 3: Obradoiro práctico de infraestrutura. Construción de ferramentas e elementos de apoio para a horta. Preparación de remedios naturais, cociña vexetal e conservas.
  • Clase 4: Práctica directa na horta. Traballos de sementeira, mantemento e colleita sobre o terreo. Cultivos das catro estacións.

 ** Para poder asistir ás xornadas requerirase o ter a condición de socio do club

 Datos clave do curso

  • Horario: Todos os venres de 16:00 h a 18:00 h.
  • Frecuencia : 4 clases ao mes.
  • Localización: Centro Sociocultural de A Rocha Vella.
  • PREZO: 49’00 €/mes

Inscríbete aquí