TRAMITACIÓN DE LICENZAS FEDERATIVAS 2026

Federarte con nós é moi sinxelo, consulta as seguintes táboas e elixe a modalidade que mellor che conveña:

Finalmente, cubre a seguinte solicitude para concretar a túa licenza, tendo en conta que…

  • Debes pagar a cuota de socio/a do Club Vía Láctea 2026 (15,00 €).
  • Para poder tramitar a licenza é obrigatorio dar o enderezo electrónico e teléfono de cada federado/a. Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar todos os seus datos ou o fagan de forma incorrecta.
  • A licenza FEDME poderá visualizarse mediante a App “Fedme”  dispoñible nas tendas oficiais

Android (Google Play) https://play.google.com/store/apps/details?id=com.toools.fedme

iOS (App Store) https://apps.apple.com/es/app/fedme/id6755142010

e como usuario/a rexistrado/a, poderá gozar do resto de funcións e utilidades da aplicación (Inscricións, Noticias, Sendeiros, Tenda, Club FEDME, suxestións, etcétera).

  • As licenzas nacionais van a subministrarse única e exclusivamente mediante FORMATO DIXITAL.
  • Se desexas ter o carné federativo en formato plástico, faino constar no momento da solicitude. Ten en conta que esto suporá un pagamento extra de 3 euros. Avisarémoste cando o teñas listo e poidas vir recollelo á oficina do Club Vía Láctea.

Recorda que …

AS LICENZAS FGM APARENTAN SER MAIS BARATAS, SEGUNDO CASO SIMILAR AS DA FEDME,  PERO DEBES OBSERVAR QUE AS LICENZAS FGM

  • NON HABILITAN A PARTICIPAR EN COMPETICIÓNS FEDME
  • NON TEÑEN HABILITACIÓN FEDME
  • NON FORMAN PARTE DO MESMO CONVENIO DE RECIPROCIDADE DE REFUXIOS

DEBES VALORAR A PREVISIÓN DA TÚA TEMPADA DE ACTIVIDADE NACIONAL E NO SEU CASO ELIXIR ENTRE FGM OU FEDME

Debes saber…

Informamos a todos/as as persoas socias do CLUB VÍA LÁCTEA dos puntos que aceptades no momento de tramitar a licencia federativa:

Son tres puntos, os dous primeiros hai que aceptalos obrigatoriamente e o terceiro punto, é optativo, así pois, á hora de solicitar a tramitación da vosa licenza, debes indicar si cedes ou non os dereitos de imaxe á Federación Galega de Montañismo.

Aquí os deixamos, tal e como aparece na plataforma de licenzas. É importante que o leas.

1º) FIRMA OBRIGATORIA:

O asinante ten pleno coñecemento das condicións da actividade á que se inscribe, en concreto afirma ter coñecemento sobre os seus requisitos e ser informado polo CLUB e en concreto o asinante ou o seu representante legal no seu nome asume plenamente e de forma voluntaria, que:

A práctica do deporte en xeral e dos deportes contemplados dentro da Federación Española de Montaña e escalada entrañan unha serie de riscos previsibles que deben ser coñecidos e aceptados por quen voluntariamente desenvolve estas actividades.

En materia de deportes de montaña de calquera tipo, a idea de risco de accidentes de gravidade vai implícita nos mesmos e, por tanto, quen se dedique ao seu exercicio asúmeo persoalmente. O usuario debe sempre prever a posibilidade de accidentes e de necesitar axuda, evitando as actuacións de risco propias ou as que poñan en perigo a terceiros ou posibles rescates.

O asinante obrígase a poñer en coñecemento da organización, por escrito, calquera problema físico ou psíquico do que teña coñecemento antes da actividade e que poida afectar á súa seguridade.

O asinante debe retirarse sen ningunha limitación previamente ao comezo da actividade se a mesma excede os seus límites persoais.

Pola presente vostede admite e declara con plena validez legal que só realizará actividades para as que estea capacitado e das que ten experiencia, sen exceder os seus límites persoais e asume que utilizará os equipos de protección individual propios e adecuados, con dilixencia e persoalmente, sen descargar a súa responsabilidade do uso e mantemento en terceiros.

O coordinador terá potestade para prescindir de calquera alumno que imposibilite a impartición da actividade poñendo en perigo aos seus compañeiros ou ao mesmo.

O asinante declara ter lido e estar conforme coa declaración anterior e así como dispoñer da información paterna ou materna no caso de menores e informar diso ao deportista ou aos seus titores.

 

2º) PROTECCIÓN DE DATOS – (aceptación obrigatoria)

A formalización de licenza deportiva e a inscrición e participación nas actividades da Federación Galega de Montañismo implica formar parte dunha base de datos titularidade da Federación Galega de Montañismo (FGM), por tanto o asinante ou o seu representante legalmente autorizado acepta que, de conformidade coa normativa de Protección de Datos Persoais, autoriza a que os datos que nos facilita para a ser incluídos nuns ficheiros cuxa titularidade corresponde á FGM. Devanditos datos serán utilizados para enviarlle información particular sobre as actividades e en xeral sobre os servizos, promocións e actividades relacionadas coa mesma. Informámoslle que tamén poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación, portabilidad, esquecemento e cancelación dos seus datos mediante unha comunicación escrita á dirección seguinte: directortecnico@fedgalmon.gal todo isto en base á “Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales” e o seu regulamento de desenvolvemento.

A persoa asinante manifesta etar informada e ter comprendido a información anterior de forma previa a prestar o seguinte consentimento para que se traten os seus datos persoais para a prestación do servizo e cédanse exclusivamente para fins da actividade e sen transferencia internacional de datos.

 

3º) ACEPTA CEDER AOS DEREITOS DE IMAXE – (OPTATIVO)

Por medio da presente autorizo á Federación para empregar as imaxes tomadas nas actividades ou as que se inclúan en calquera dos soportes audiovisuais, web, redes sociais etc. a efectos de comunicación pública, xustificación da actividade e/ou cumprimento dos fins sociais da federación (O 1/1982).

En vista do anterior, o asinante consente que se traten os datos persoais do deportista e en concreto a súa imaxe, mediante a súa captación en foto ou vídeo, para publicacións en redes sociais e medios de comunicación, escritos e audiovisuais, para o que afirma ter autorización do mesmo para iso.

Solicitude federativa


Realiza o pagamento correspondente á modalidade escollida na conta do Club Vía Láctea:
ES43 2080 0396 0130 4000 1740 de ABANCA

Non olvides poñer no concepto do ingreso o texto: 
Licenza Federativa 2026

Coñece as licenzas autonómicas e nacionais

Coñece as vantaxes de federarte:

  • Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME).
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM).
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional.
  • Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio coa FGM.
  • Prezos moi reducidos nos refuxios galegos.
  • Comunicacións periódicas.
  • Calendario de actividades.
  • Participar en actividades divulgativas.
  • Competicións oficiais de escalada, carreiras por montaña e marcha nórdica.
  • Todas as vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME

Non esquezas que…

  • Licenzas válidas por ano calendario. Todas as licenzas caducan o 31 de decembro.
  • Debes ser socio/a do Club Vía Láctea para poder federarte con nós. Se aínda non eres parte da nósa familia montañeira ou precisas renovar a túa condición de socio/a, podes facelo agora a través dos distintos formularios dispoñibles a continuación:

Solicitude trámite de alta de NOVOS/AS SOCIOS/AS

    NO CASO DE NOVOS/AS ALTAS DE SOCIO/A: unha vez enviada a túa solicitude do trámite de alta de socio/a, poñerémonos en contacto contigo na maior brevedade posible. NON REALICES NINGÚN PAGAMENTO antes de que che comuniquemos se a túa solicitude foi aprobada.


    Alta ou Renovación de socio/a

    NO CASO DE TER AUTORIZADA A ALTA OU QUERER FACER A RENOVACIÓN DE SOCIO/A: deberás realizar o pagamento de antes de cumprimentar o seguinte formulario, pois é preciso que adxuntes o xustificante bancario xunto co documento de Protección de datos cumprimentado.

      Realiza o pagamento correspondente ao teu tipo de alta ou renovación na conta do Club Vía Láctea

      ES43 2080 0396 0130 4000 1740 de ABANCA

      Non olvides poñer no concepto: 
      Alta / Renovación de socio/a 2026

      Alta autorizada ou Renovación de socio/a

      ATÓPANOS

      Centro Sociocultural de Conxo,

      Conxo, Santiago de Compostela

      604 09 13 25

      info@clubvialactea.com

      SÉGUENOS NAS REDES

      Fedérate con nós