III Trofeo cidade de Santiago

· III Campionato de Galicia individual

· III Open Cidade de Santiago

Temos o pracer de reunir no III Trofeo Cidade de Santiago a celebración do III Campionato Individual de Galiciae a participación aberta do III Open Cidade de Santiago, no parque da Alameda de Santiago de Compostela.

DATA

Domingo, 16 de xuño 2024 ás 10:30 da mañá.

LUGAR

Parque da Alameda de Santiago de Compostela.

INSCRICIÓNS

III CAMPIONATO INDIVIDUAL DE GALICIA

Deportistas FEDERADOS/AS con Licencia Federativa FGM ou FEDME en vigor.

III OPEN CIDADE DE SANTIAGO

Participación aberta para deportistas FEDERADOS/AS e NON FEDERADOS/AS.

ESTE EVENTO ESTÁ DEDICADO A:

Por facer de este,un mundo mellor, mediante a súa grande labor na protección da vida humana sen ningún tipo de discriminación, ao mesmo que o ano anterior, o evento está adicado a esta gran rede humanitaria,convertindo así a este evento nun ACTO BENÉFICO.

A nosa máis sincera gratitude por contar de novo coa súa colaboración na Marcha Nórdica Compostelá, e facernos sentir coidados e seguros.

Participantes

III CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA INDIVIDUAL 

Poderán participar todos os deportistas FEDERADOS/AS con Licencia Federativa FGM ou FEDME en vigor.

II OPEN CIDADE DE SANTIAGO

Poderán participar no aberto as persoas deportistas FEDERADAS e NON FEDERADAS, facéndoselle a estas últimas un seguro de accidente pola duración da proba.

Os/As menores de idade deberán presentar a autorización familiar no momento da inscrición.

A organización reservase o dereito a modificar o número de inscritos por por calquera imprevisto que poida xurdir. Se fora o caso, a organización respectará a orde de inscrición.

Todos as persoas inscritas entran no sorteo dos agasallos.

Categorías

III CAMPIONADO INDIVIDUAL DE GALICIA

 

As categorías réxense pola normativa aprobada da FGM. Serían as seguintes: Masculino e Feminino

  • Categoría Absoluta: Todos os participantes maiores de 16 anos.
  • Sub categoría Junior: 16 a 17 anos, é dicir que non cumpran os 18 anos o ano de referencia.
  • Sub categoría promesa: 18 a 23 anos, é dicir que non cumpran os 24 anos o ano de referencia.
  • Sub categoría Sénior: 24 a 39 anos. Que cumpran os 24 e non cumpran os 40 o ano de referencia.
  • Sub categoría veterana A: de 40 a 49 anos que cumpran os 40 e non cumpran os 50 o ano de referencia
  • Sub categoría veterana B: de 50 a 59 anos. Que cumpran os 50 e non cumpran os 60 o ano de referencia
  • Sub categoría veterana C: de 60 a 69 anos. Que cumpran os 60 e non cumpran os 70 o ano de referencia
  • Sub categoría veterana D: a partir dos 70 anos cumpridos o ano de referencia.

A idade a ter en conta para toda a tempada será a do participante o 31 de decembro do ano da competición.

III OPEN CIDADE DE SANTIAGO

 

As categorías de participantes non federados e/ou inscritos no Open, corresponderán tamén á normativa aprobada da FGM, incluindo tamén as seguintes categorías de menores de 16 anos:

  • Categoría Alevín: menores de 12 anos. É dicir, que non cumplan os 13 anos no ano de referencia.
  • Categoría Infantil: 12 e 13 anos. É dicir, que non cumplan os 14 anos no ano de referencia.
  • Categoría Catete: 14 e 15 anos. É dicir, que non cumplan os 16 anos no ano de referencia.

Circuito

Trátase dun percorrido polos fermosos paseos dos que conta o Parque da Alameda Compostelá.

Un deseño circular, onde se debuxa un circuito simulando ferraduras, un guiño ao “Paseo da Ferradura”.

A topografía do percorrido ten a peculiaridade de que a poucos metros da saída, atoparemos unha costa duns 300 metros aproximadamente, que nos leva a capela de Santa Susana, logo farase a baixada para continuar por un percorrido prácticamente chan.

O firme é de terra nalgunhas zonas e noutras é de xabre, ademáis a poucos metros do arco da meta atopamos unha pequena distancia de lousas de pedra lisa.

Este circuíto ten unha distancia de 2,85 kms.

A proba do CAMPIONATO DE GALICIA INDIVIDUAL finalizará cando o marchador/a complete 5 voltas a este percorrido, facendo un total de 13,75 kms.

Os/As participantes do III OPEN CIDADE DE SANTIAGO compartirán o mesmo escenario e o mesmo percorrido, coa diferenza de que só darán 3 voltas en vez de as 5, completando así unha distancia de 8,24 kms pasando igualmente por meta en cada volta.

  • Categoría Alevín (<12 anos) comezará o percorrido 5 minutos despois do resto de participantes, percorrendo só unha volta.
  • Categoría Infantil (12 e 13 anos): 3 voltas.
  • Categoría Cadete (14 e 15 anos): 3 voltas.

O tempo máximo para completar o circuíto será de 2,5 horas.

A organización non cortará en ningún momento o tránsito do público da Alameda.

Haberá dous puntos de avituallamento:

  • Un avituallamento principal que contará con subministracións da organización e colaboradores de sólidos e líquidos. Estará situado a poucos metros da saída.
  • E outro avituallamento de líquido que estará situado entre a Estatua de Rosalía e a escultura da leiteira.

Inscricións

O prazo de inscrición remata o luns, 10 de xuño de 2024 ás 23:59 horas e non se admitirá ningunha inscrición fóra deste prazo.

Os marchadores/as poden inscribirse a través da plataforma en liña de GALITIMING

Ademáis, no momento de realizar a tú inscrición, podes sumarte de forma optativa o xantar de confraternidade que terá lugar na mesma noite da proba. Non perdas a oportunidade de gozar de este momento gastronómico con apaixoados/as da marcha nórdica coma ti en Santiago de Compostela.

A inscrición ten unha parte benéfica a favor da Cruz Vermella (6€ boleto sorteo do Ouro da Cruz Vermella incluidos na inscrición), habilitándose a posibilidade de facer unha doazón maior se así o desexas.

O custo da inscrición está adicada a cubrir gastos de: xestión, seguro de responsabilidade civil e de accidentes, obsequios ó deportista e avituallamento durante a proba.

Haberá un límite de 110 prazas dispoñibles para a competición do III Campionato de Galicia Marcha Nórdica Individual e outras 110 prazas extra para a participación no III Open Cidade de Santiago.

O feito de facer a inscrición implica que tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización, así como a aceptación de que o nome e apelidos do inscrito, categoría de inscripción, clasificaciones finales, marca realizada e tempos parciais, a súa imaxe obtida, impresa ou electónica, co fin de promover o evento e o deporte.

Inscrición xeral

menores de 16 anos

xantar de confraternidade*

Entrega de dorsais

A entrega de dorsais farase o sábado, 15 de xuño na Cruz Roja de Fontiñas:

  • 17:00 h. – 20:00 h.

Av. de Lugo, 42, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña

Tamén é posible recoller o dorsal no mesmo día da competición, no Parque da Alameda de Santiago de Compostela, en horario:

  • 08:30 h. a 10:00 h.

Para recoller o dorsal, os participantes terán que presentar o DNI físico (ou outro documento oficial en vigor) e a LICENCIA FEDERATIVA 2024.

Por seguridade e responsabilidade civil a utilización de dorsais por parte de persoas que NON sexan titulares inscritos oficialmente na proba, pode incorrer en graves consecuencias. No caso de detectar o uso dun dorsal por parte doutra persoa que NON sexa o titular do mesmo, tanto a persoa que use ese dorsal, como o titular do mesmo, quedarán excluídos de xeito inmediato da proba e a organización se reserva a posibilidade de denuncia ós estamentos deportivos correspondentes.

Desenvolvemento da xornada

08:30 h. – 10:00 h. Recollida de dorsais no mesmo parque da Alameda, tamén será retransmitido por streaming.

10:00 h.Quencemento conxunto e voluntario.

10:15 h. Chamamento a todos os marchadores/as a línea de saída e colocación cada un no seu caixón correspondente, determinado no seu dorsal.

10:25 h. BRIEFING.

10:30 h. Saída conxunta dos marchadores/as.

10:35 h.Saída conxunta dos marchadores/as.

13:00 h. Fin da proba.

14:00 h. Acto de premiación.

15:00 h. Xantar de confraternización.

Servizos deportivos

GARDA-ROUPA

No mesmo Parque da Alameda de Santiago estará una furgoneta da empresa colaboradora BREA MOTOR, que fará de local para o servizo de garda-roupa.

ASEOS PÚBLICOS

O Parque da Alameda consta do servicio de aseos públicos, os cales permacerán abertos, grazas a Parques e Xardíns do Concello de Santiago.

VESTUARIOS E DUCHAS

Colexio público Pío XII, Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña , situada a menos de 600m. dende a Alameda (menos de 8 minutos camiñando).

Cronometraxe

Proba cronometrada por galitiming.com

É obrigatorio poñer correctamente o chip de control de tempo e ritmo, podendo a Organización establecer controles electrónicos de cronometraxe e ritmo ao longo do percorrido co fin de verificar que todos os atletas cobren todo o percorrido.

É obrigatorio pasar por riba das alfombras de control dispostas ao longo do percorrido.

Os marchadores/as que non teñan todos os rexistros na orde correcta serán descualificados.

Na zona de meta haberá contedores para a devolución do chip, así como unha penalización de 20,00€.

Premios

A partir da 14:00 h. procederase a entrega de trofeos, no Parque da Alameda de Santiago de Compostela.

No acto deberá estar presentes os marchadores/as con dereito a premios, podendo delegar noutra persoa. De non estar presentes, entenderase que renuncia ao premio.

OPEN CIDADE DE SANTIAGO premiarase os 3 primeiros postos da xeral (masculina y femenina) e os tres primeiros de cada subcategoría (masculina e feminina).

 

CAMPIONATO DE GALICIA INDIVIDUAL premiarase os 3 primeiros postos da xeral (masculina y femenina) e os tres primeiros de cada subcategoría (masculina e feminina).

 

A primeira entrega de premios será para o III OPEN CIDADE DE SANTIAGO, e a continuación       procederase a entrega de medalla os premiados no III CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA INDIVIDUAL.

PREGUNTAS FRECUENTES

Material obrigatorio

Será obrigado o uso de dous bastóns específicos de Marcha Nórdica que deben permitir aplicala técnica correctamente.

Será obrigado o uso de calzado deportivo adecuado ó itinerario.

Utilizarase roupa deportiva apropiada á competición e ás condicións climáticas no día da proba.

Non está permitido usar auriculares.

Orde de saída

A orde de saída será:

    • 1º CAIXÓN: Participantes da COPA GALEGA XUNTA DE GALICIA
    • 2º CAIXÓN: Participantes no OPEN CIDADE DE SANTIAGO
Seguridade

Todos os participantes estarán cubertos por unha póliza de seguro de responsabilidade civil e pola licenza federativa do seguro de accidentes.

Contaremos co servicio da ambulancia e voluntariado da Cruz Vermella, ademáis dun médico para atención sanitaria urgente onde o hospital de referencia en caso de traslado será o:

HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CHUS

Condición de participación

Os participantes comprométense a aceptar estrictamente o Regulamento de Marcha Nórdica aprobado pola FGM, así como calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen:

  • Acredita estar en bo estado físico e realizar os recoñecementos de saúde pertinentes que o habiliten para participar en competicións destas características.
  • A Organización non se fará responsable de ningunha lesión ou enfermidade por imprudencia, neglixencia ou falta de aptitude física do marchador/a.
  • O persoal da Organización, están facultados para retirar da carreira a todo deportista que manifeste un evidente mal estado físico, que non faga o percorrido completo, que non dispoña de dorsal (ou que manipule a publicidade do dorsal), que manifeste un non comportamento deportivo, que se repita en protestas ante a Organización ou que non cumpra o tempo máximo de realización.
Anulacións e devolucións

En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.

Compromisos
  • A organización, aínda que subscribirá un seguro de accidentes e responsabilidade civil, non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
  • Os participantes teñen a obriga de seguir as indicacións dos organizadores.
  • Ao inscribirse, os participantes declaran non padecer lesión algunha que poida agravarse como consecuencia da realización da proba, eximindo á organización de calquera responsabilidade derivada delo.
  • É responsabilidade do participante facerse os test, chequeos ou probas médicas necesarias para verificar o seu axeitado estado de saúde.
  • O participante comprométese a eximir á organización e colaboradores e/ou a calquera persoa física ou xurídica vencellada coa organización da proba das responsabilidades derivadas de calquera accidente causado tanto por motivo de participación na proba como por accidentes deportivos.
  • O participante comprométese a eximir aos anteriormente citados de calquera prexuízo que, por motivos de saúde, puideran derivarse da súa participación na proba, asumindo persoalmente o risco inherente para a saúde que supón o esforzo físico requirido para a participación na mesma.
  • O participante autoriza expresamente aos servizos médicos da proba a que presten durante a proba a asistencia médico-sanitaria que fose necesaria e a que lle practiquen calquera cura que puidera necesitar, estando ou non en condicións de solicitala, comprometéndose ademais a abandonar a proba a requirimento dos servizos médico-sanitarios, se o estiman necesario para a saúde do participante.
  • O participante tamén se compromete a eximir aos anteriormente sinalados de calquera responsabilidade de que a participación na proba puidera derivarse, tal como perda ou deterioro de obxectos persoais, roubo, extravíos ou outras circunstancias.
Dereitos de imaxe e protección de datos

A aceptación do presente regulamento implica obrigatoriamente que o participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma, dá o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe para a promoción e difusión da imaxe da proba en todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, internet, cartelería, medios de comunicación, etc.) e cede tódolos dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sen dereito pola súa parte de recibir compensación económica algunha.

De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e garantía dos dereitos dixitais, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro que é competencia do Club Vía Láctea. Pode haber cesións de datos á Federación Galega de Montañismo para
utilizalos en relación con xestións administrativas.

Se desexa exercer os seus dereitos de acceso, rectificación ou cancelación dos datos, podrá facelo mediante un escrito ao enderezo do Club ou por correo electrónico a info@clubvialactea.es xunto cunha fotocopia do seu DNI. A organización rexeitará calquera inscrición que non acepte as condicións deste regulamento. En caso de dúbidas ou de calquera situación non recollida, quedará ao que dispoña a organización.