Primeiro Open de Marcha Nórdica celebrado na cidade de Santiago de Compostela, que neste ano 2022 abre o calendario do Circuito Galego da FGM.
DATA
8 de maio 2022 a partir das 9:00 da mañá.
LUGAR
Parque da Alameda de Santiago de Compostela.
ABERTO
Competición para federados.
Popular para non federados e federados que non queiran competir.
Consulta os teus tempos en GALITIMING
ESTE OPEN CIDADE DE SANTIAGO SERÁ DEDICADO A:
A data do ABERTO é coincidente co día mundial da Cruz Vermella, o que fai que sexa un pracer poder dedicar este ABERTO a esta gran rede humanitaria, polo seu gran labor na protección da vida humana, da súa saúde e garantindo o respecto e protección a todas as persoas sen ningún tipo de discriminación. Non nos podemos esquecer do gran número de voluntarios aos que debemos estar inmensamente agradecidos por facer de este, un mundo mellor.
Participantes
Poderán participar todos os deportistas FEDERADOS con Licencia Federativa FGM ou FEDME en vigor.
Poderán participar tamén deportistas NON FEDERADOS, os cales non entrarán en ningún tipo de ranking, polo conseguinte non optan a trofeos. Faráselles un seguro de accidente pola duración da proba.
Os/As menores de idade deberán presentar a autorización familiar no momento da inscrición.
Debido a razóns sanitarias, o número de inscricións pode variar en número según Normativa Vixente. A organización reservase o dereito a modificar o número de inscritos por por calquera imprevisto que poida xurdir. Se fora o caso, a organización respectará a orde de inscrición.
Todos os inscritos neste I OPEN CIDADE DE SANTIAGO, entran no sorteo dos agasallos.
Categorías
As categorías réxense pola normativa aprobada da FGM. Serían as seguintes: Masculino e Feminino
- Categoría Absoluta: Todos os participantes maiores de 16 anos.
- Sub categoría Junior: 16 a 17 anos, é dicir que non cumpran os 18 anos o ano de referencia.
- Sub categoría promesa: 18 a 23 anos, é dicir que non cumpran os 24 anos o ano de referencia.
- Sub categoría Sénior: 24 a 39 anos. Que cumpran os 24 e non cumpran os 40 o ano de referencia.
- Sub categoría veterana A: de 40 a 49 anos que cumpran os 40 e non cumpran os 50 o ano de referencia
- Sub categoría veterana B: de 50 a 59 anos. Que cumpran os 50 e non cumpran os 60 o ano de referencia
- Sub categoría veterana C: de 60 a 69 anos. Que cumpran os 60 e non cumpran os 70 o ano de referencia
- Sub categoría veterana D: a partir dos 70 anos cumpridos o ano de referencia.
A idade a ter en conta para toda a tempada será a do participante o 31 de decembro do ano da competición.
Circuíto
Trátase dun percorrido polos fermosos paseos dos que conta o Parque da Alameda Compostelá. Un deseño circular onde se debuxa un circuito en forma de ferraduras, querendo facerlle honra ao “Paseo da Ferradura, para elo terase que dar un xiro cerrado en dúas ocasións, para finalmente facer o paso polo arco de meta.
Topografía de pendente suave, prácticamente chan. O firme é de terra nalgunhas zonas e noutras é de xabre, ademáis a poucos metros do arco da meta atopamos unha pequena distancia de lousas de pedra lisa.
Este circuíto ten unha distancia de 2,270 kms. A proba finalizará cando o marchador/a complete 6 voltas a este percorrido, facendo un total de 13,620 kms.
Os participantes afeccionados compartirán o mesmo escenario e o mesmo percorrido, coa diferenza de que só darán 3 voltas en vez de as 6, completando así unha distancia de 6,81 kms pasando igualmente por meta en cada volta.
O tempo máximo para completar o circuíto será de 3 horas. A organización non cortará en ningún momento o tránsito dos paseantes da Alameda. O avituallamento estará colocado na zona de saída e meta. Contará con subministracións da organización e colaboradores, de líquidos é sólidos.
Entrega de dorsais
A entrega de dorsais farase en DECATHLON, Rúa de Polonia, 2, en Santiago de Compostela.
- Venres, 06 de maio de 2022 de 17:00 h. a 22:00 h. e
- Sábado, 07 de maio de 2022 de 10:00 h. a 22:00 h.
Para recoller o dorsal, os participantes terán que presentar o DNI físico (ou outro documento oficial en vigor) e a LICENCIA FEDERATIVA 2022.
Os dorsais que non fosen retirados, entregaranse o mesmo día da proba entre ás 8:30 horas. ás 9:30 h. no lugar do evento.
Por seguridade e responsabilidade civil a utilización de dorsais por parte de persoas que NON sexan titulares inscritos oficialmente na proba, pode incorrer en graves consecuencias. No caso de detectar o uso dun dorsal por parte doutra persoa que NON sexa o titular do mesmo, tanto a persoa que use ese dorsal, como o titular do mesmo, quedarán excluídos de xeito inmediato da proba e a organización se reserva a posibilidade de denuncia ós estamentos deportivos correspondentes.
Desenvolvemento da xornada
8:30 h. – 9:30 h. Recollida de dorsais no Parque da Alameda de Santiago de Compostela.
9:00 h. – 10:00 h. Clase gratuíta de iniciación á Marcha Nórdica a que poderán asistir tanto participantes como non participantes que queiran coñecer a técnica da marcha nórdica. Recomendamos a RESERVA DE PRAZA a aquelas persoas que precisen o préstamo gratuito de bastóns enviando un correo a marchanordica@clubvialactea.es , debido ó número limitado do material.
10:20 h. Chamamento a todos os deportistas a competir á línea de saída.
10:25 h. BRIEFING. Charla técnica.
10:30 h. Saída dos Federados/as a competir.
10:35 h. Saída dos Populares (Federados e NON Federados que non compiten). De ser o caso, se o marcara o protocolo vixente, podería ser por caixóns.
13:30 h. Fin da proba.
14:00 h. Entrega de trofeos.
Servizos deportivos
VESTUARIOS e DUCHAS:
Piscina Municipal De Santa Isabel, Rúa do Morón, 21 – Santiago de Compostela, situada a 1 km. dende a Alameda (uns 10 minutos camiñando).
O servizo de duchas dependerá da normativa e do protocolo COVID da Piscina Municipal de Santa Isabel.
Cronometraxe
Proba cronometrada por galitiming.com
É obrigatorio poñer correctamente o chip de control de tempo e ritmo, podendo a Organización establecer controles electrónicos de cronometraxe e ritmo ao longo do percorrido co fin de verificar que todos os atletas cobren todo o percorrido.
É obrigatorio pasar por riba das alfombras de control dispostas ao longo do percorrido.
Os marchadores/as que non teñan todos os rexistros na orde correcta serán descualificados.
Na zona de meta haberá contedores para a devolución do chip, así como unha penalización de 20,00€.
Premios
A partir das 14:00 h. procederase a entrega de trofeos, no Parque da Alameda de Santiago de Compostela, según os protocolos vixentes da Covid.
No acto deberán estar presentes os marchadores/as con dereito a premios, podendo delegar noutra persoa. De non estar presentes, entenderase que renuncia ao premio.
Recibirán un trofeo os 3 primeiros homes e as 3 primeiras mulleres da categoría ABSOLUTAS.
Material obrigatorio
Será obrigado o uso de dous bastóns específicos de Marcha Nórdica que deben permitir aplicala técnica correctamente.
Será obrigado o uso de calzado deportivo adecuado ó itinerario.
Utilizarase roupa deportiva apropiada á competición e ás condicións climáticas no día da proba.
Non está permitido usar auriculares.
Orde de saída
A orde de saída será:
- Federados/as a competir.
- Populares federados/as ou non federados/as non competidores/as.
De ser o caso, marcarase o protocolo vixente, puidendo ser por caixóns.
Seguridade
Todos os participantes estarán cubertos por unha póliza de seguro de responsabilidade civil e pola licenza federativa do seguro de accidentes.
Contaremos co servicio dunha ambulancia da Cruz Vermella.
Condición de participación
Os participantes comprométense a aceptar estrictamente o Regulamento de Marcha Nórdica aprobado pola FGM, así como calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen:
- Acredita estar en bo estado físico e realizar os recoñecementos de saúde pertinentes que o habiliten para participar en competicións destas características.
- A Organización non se fará responsable de ningunha lesión ou enfermidade por imprudencia, neglixencia ou falta de aptitude física do marchador/a.
- O persoal da Organización, están facultados para retirar da carreira a todo deportista que manifeste un evidente mal estado físico, que non faga o percorrido completo, que non dispoña de dorsal (ou que manipule a publicidade do dorsal), que manifeste un non comportamento deportivo, que se repita en protestas ante a Organización ou que non cumpra o tempo máximo de realización.
- A proba cumprirá estritamente protocolo Fisio – Covid19 da FGM.
Anulacións e devolucións
En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.
Compromisos
- A organización, aínda que subscribirá un seguro de accidentes e responsabilidade civil, non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
- Os participantes teñen a obriga de seguir as indicacións dos organizadores.
- Ao inscribirse, os participantes declaran non padecer lesión algunha que poida agravarse como consecuencia da realización da proba, eximindo á organización de calquera responsabilidade derivada delo.
- É responsabilidade do participante facerse os test, chequeos ou probas médicas necesarias para verificar o seu axeitado estado de saúde.
- O participante comprométese a eximir á organización e colaboradores e/ou a calquera persoa física ou xurídica vencellada coa organización da proba das responsabilidades derivadas de calquera accidente causado tanto por motivo de participación na proba como por accidentes deportivos.
- O participante comprométese a eximir aos anteriormente citados de calquera prexuízo que, por motivos de saúde, puideran derivarse da súa participación na proba, asumindo persoalmente o risco inherente para a saúde que supón o esforzo físico requirido para a participación na mesma.
- O participante autoriza expresamente aos servizos médicos da proba a que presten durante a proba a asistencia médico-sanitaria que fose necesaria e a que lle practiquen calquera cura que puidera necesitar, estando ou non en condicións de solicitala, comprometéndose ademais a abandonar a proba a requirimento dos servizos médico-sanitarios, se o estiman necesario para a saúde do participante.
- O participante tamén se compromete a eximir aos anteriormente sinalados de calquera responsabilidade de que a participación na proba puidera derivarse, tal como perda ou deterioro de obxectos persoais, roubo, extravíos ou outras circunstancias.
Dereitos de imaxe e protección de datos
A aceptación do presente regulamento implica obrigatoriamente que o participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma, dá o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe para a promoción e difusión da imaxe da proba en todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, internet, cartelería, medios de comunicación, etc.) e cede tódolos dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sen dereito pola súa parte de recibir compensación económica algunha.
De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e garantía dos dereitos dixitais, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro que é competencia do Club Vía Láctea. Pode haber cesións de datos á Federación Galega de Montañismo para
utilizalos en relación con xestións administrativas.
Se desexa exercer os seus dereitos de acceso, rectificación ou cancelación dos datos, podrá facelo mediante un escrito ao enderezo do Club ou por correo electrónico a info@clubvialactea.es xunto cunha fotocopia do seu DNI. A organización rexeitará calquera inscrición que non acepte as condicións deste regulamento. En caso de dúbidas ou de calquera situación non recollida, quedará ao que dispoña a organización.
Recomendacións
HOTEL HERRADURA ***
Situado ao pé da Alameda de Santiago de Compostela. Un hotel con encanto de habitacións modernas e unha marabillosa atención. Sen ningunha duda un recomendado 100%
RESTAURANTE CODEX
Situado a 2 minutos camiñando. Se queres disfrutar da nosa gastronomía a bo precio sen dúbida acércate ao restaurante Codex.