I Andaina solidaria

a favor de Obra Social Pediatría

DATA

20 de novembro 2022 ás 10:30 da mañá.

SAÍDA

Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.

ABERTO

Ruta circular de 11 km, con chegadas ata as 14:00.

Nenos/as gratis

Inscrición gratuita para menores de 12 anos. Pago só dos 3€  do seguro.

Realiza a túa inscrición SOLIDARIA

Esta iniciativa solidaria realízase en favor de

A Obra Social Pediatría creouse coa intención de proporcionar un impulso para continuar avanzando na calidade asistencial, docente e investigadora que redunda no beneficio da saúde dos doentes pediátricos.

As accións levadas a cabo por esta obra social facilitan a posibilidade de sobrelevar mellor as doenzas e os tratamentos dos nenos e nenas de 0-16 anos, xunto cos seus familiares, obrigados a prolongar a súa estancia no hospital.

Inscricións

PASOS PARA A INSCRICIÓN:

1. Realiza o teu pago.

Conceto: Andaina Solidaria Obra Social Pediatría.

Nº de conta ES43 2080 0396 0130 4000 1740

2. Inscríbete a través do seguinte formulario, incluindo o xustificante de pago.

Os participantes inscritos como Federados, terán que aportar a súa correspondente licenza federativa no momento da recollida do dorsal.

A inscrición é totalmente de carácter benéfico a favor da Obra Social Pediatría, habilitándose a posibilidade de facer unha doazón maior mediante a compra dunha das súas tazas solidarias se así o desexas.

A túa inscrición inclúe o dorsal, seguro e avitallamento de auga e froita.

O prazo de inscrición remata o venres, 18 de novembro de 2022 ás 23:59 horas.

Federados

Non-federados

Doazóns

Percorrido

Sairemos da Praza do Obradoiro cara á ponte e a igrexa do Carme onde colleremos o camiño do río Sarela, pasando polos restos da actividade das curtidurías e que foron recentemente compradas por unha coñecida construtora, actualmente está a realizar as obras de restauración dos edificios que darán paso a un uso ben distinto. Fontes, lavadoiros adornan o percorrido ata entrar nas carballeiras da Selva Negra cara o Monte Pedroso, pasando pola lagoa, entradas das minas e A Granxa do Sexto.

Dende aquí, de novo iremos ao encontro do río Sarela  para atoparnos co muíño do Romaño, a Pontella da Burata e a ponte dos Tres Ollos, o atípico lavadoiro de Santa Isabel que consta de 7 lavadoiros individuais. Remataremos na Praza do Obradoiro pasando pola facultade de medicina para pechar esta ruta circular.

Unha preciosa ruta para toda a familia.

Avituallamento

Contarase con dous puntos de avituallamento que constarán de auga e froita. Un punto encontrase na mesma praza do Obradoiro (punto de saída e de chegada) e a outra na rotonda máis ou menos na metade da ruta.

MOITO OLLO: Non está permitido comer na Praza do Obradoiro, aínda que haberá un posto de avituallamento na praza como posto de saída, non se pode comer nela. Esperamos que non faga falla lembrar que en ningún momento se pode tirar ningún tipo de lixo ó chan.

Entrega de dorsais

A entrega de dorsais e a recollida das tazas das inscricións farase o mesmo día da andaina de 9:30 a 10:20.

Para recoller o dorsal, os participantes terán que presentar o DNI físico (ou outro documento oficial en vigor) e, no caso de federados, a LICENCIA FEDERATIVA 2022.

Por seguridade e responsabilidade civil non está permitida a utilización de dorsais por parte de persoas que NON sexan titulares inscritos oficialmente.

Normas
  • Irá un guía diante marcando a ruta coas nosas cintas naranxas para que cada persoa poida ir o seu ritmo por iso é imprescindible seguir en todo momento a dirección que indican ditas cintas, en caso de que se abandone este recorrido sinalizado entenderase que dita persoa/s abandoaron voluntariamente a andaina. Outro guía irá pechando e retirando as cintas naranxas polo que é necesariamente importante non quedarse detrás do guía de peche en ningún momento. Si se vai a parar por algún motivo hai que facer chegar o aviso ao guía de peche. Tamén se contará con persoas da organización polo medio da andaina.
  • A persoa que vaia diante do guía que abre a andaina enténdese que vai por libre e que xa non pertence ao grupo. Recordade que se trata de pasar un día agradable e tranquilo a vez que damos o noso apoio a Obra Social Pediatría.
  • Cada persoa pode abandoar a ruta no punto que queira pero deben informar a organización que dan por finalizada a ruta en ese punto facilitando o seus nomes. As persoas que non estén o remate da andaina na Praza do Obradoiro enténdese que abandoaron a andaina en outros puntos anteriores.
  • Os rapaces/zas menores de idade terán que ir sempre acompañados dun adulto responsable deles/las en todo momento. 
  • A organización podería facer cambios en caso de ser preciso. Momentos antes de iniciar a saída, unha persoa da organización dará as explicacións necesarias para o desenrolo da andaina solidaria. En caso de cambios prevalecerá sempre o dito na explicación antes da saída.
Seguros
  • Federados/as:

As persoas federadas aportarán a súa licenza federativa en forma de fotografía ou pdf no momento da inscrición. Se non sabe facelo ou por algún motivo non pode, enseñará a licencia antes do inicio da andaina no momento que recolla o seu dorsal.

Todos os federados terán que vir provistos da sua licencia federativa.

 

  • Non federados/as:

Ás persoas non federadas faráselle un seguro colectivo válido para esta andaina a través da póliza que ten contratada o Club Vía Láctea coa compañía SURNE MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS.

Anulacións e devolucións

En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.

Dereitos de imaxe e protección de datos

Todos os inscritos a esta andaina solidaria permitirán a difusión da súa imaxe tanto por parte do Club Vía Láctea como de Obra Social Pediatría.

De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e garantía dos dereitos dixitais, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro que é competencia do Club Vía Láctea. Pode haber cesións de datos á Federación Galega de Montañismo para
utilizalos en relación con xestións administrativas.

Se desexa exercer os seus dereitos de acceso, rectificación ou cancelación dos datos, podrá facelo mediante un escrito ao enderezo do Club ou por correo electrónico a info@clubvialactea.es xunto cunha fotocopia do seu DNI. A organización rexeitará calquera inscrición que non acepte as condicións deste regulamento. En caso de dúbidas ou de calquera situación non recollida, quedará ao que dispoña a organización.

Organismos organizadores

Organismos colaboradores