LICENZAS FEDERATIVAS 2024
Fedérate co Club Vía Láctea
Federarte con nós é moi sinxelo, consulta a seguinte táboa de prezos e elixe a modalidade que mellor che conveña:
Realiza o pagamento correspondente á modalidade escollida na conta do Club Vía Láctea:
ES43 2080 0396 0130 4000 1740 de ABANCA
Non olvides poñer o concepto:
Licenza Federativa 2024
Finalmente, cubre a seguinte solicitude para concretar a túa licenza, tendo en conta que…
- Para poder tramitar a licenza é obrigatorio dar o enderezo electrónico e teléfono de cada federado/a. Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar todos os seus datos ou o fagan de forma incorrecta.
- A licenza FEDME poderá visualizarse mediante a App “PASO A PASO”, para dispositivos Android e iOS, no apartado “Licenza”, para o que o/a usuario/a deberá rexistrarse. Como usuario/a rexistrado/a, poderá gozar do resto de funcións e utilidades da aplicación (Inscricións, Noticias, Sendeiros, Tenda, Club FEDME, suxestións, etcétera).
- As licenzas nacionais van a subministrarse única e exclusivamente mediante FORMATO DIXITAL.
- Se desexas ter o carné federativo en formato plástico, faino constar no momento da solicitude. Ten en conta que esto suporá un pagamento extra de 3 euros. Avisarémoste cando o teñas listo e poidas vir recollelo á oficina do Club Vía Láctea.
Solicitude federativa
Coñece as vantaxes de federarte:
- Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME).
- Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM).
- Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional.
- Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio coa FGM.
- Prezos moi reducidos nos refuxios galegos.
- Comunicacións periódicas.
- Calendario de actividades.
- Participar en actividades divulgativas.
- Competicións oficiais de escalada, carreiras por montaña e marcha nórdica.
- Todas as vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME
Non esquezas que…
- Licenzas válidas por ano calendario. Todas as licenzas caducan o 31 de decembro.
- Debes ser socio/a do Club Vía Láctea para poder federarte con nós. Se aínda non eres parte da nósa familia montañeira ou precisas renovar a túa condición de socio/a, podes facelo agora a través dos distintos formularios dispoñibles a continuación:
Coste de socio/a: 14€/ano
Solicitude trámite de alta de NOVOS/AS SOCIOS/AS
NO CASO DE NOVOS/AS ALTAS DE SOCIO/A: unha vez enviada a túa solicitude do trámite de alta de socio/a, poñerémonos en contacto contigo na maior brevedade posible. NON REALICES NINGÚN PAGAMENTO antes de que che comuniquemos se a túa solicitude foi aprobada.
Renovación de socio/a
NO CASO DE RENOVACIÓN DE SOCIO/A: deberás realizar o pagamento de renovación (14€) antes de cumprimentar o seguinte formulario, pois é preciso que adxuntes o xustificante bancario xunto co documento de Protección de datos cumprimentado.
Realiza o pagamento de 14€ correspondente a túa renovación de socio/a na conta do Club Vía Láctea:
ES43 2080 0396 0130 4000 1740 de ABANCA
Non olvides poñer o concepto:
Renovación de socio/a 2024