Próximas saídas…

sábado, 31 de maio 2025
SENDA PANORÁMICA DE VIGO - 1ª Etapa - GR53
Primeira etapa dunha sensacional ruta sendeirista, neste caso de 17 Km e de dificultade media-alta, na que se poderá gozar das fermosas vistas das illas Atlánticas ao fondo da ría de Vigo

15 de xuño 2025
II proba da III Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica e IV Open Cidade de Santiago
Unha vez máis o noso clube xa está a prepar a embleática proba de Marcha Nórdica que vimos celebrando e desfrutando xuntos ano tras ano.

do 19 ao 28 de setembro 2025
Sicilia
Acompáñanos e coñezamos xuntos/as a illa máis grande do Mediterráneo. ¡Prazas limitadas!

31 de maio 2025
SENDA PANORÁMICA DE VIGO - 1ª Etapa - GR53
Primeira etapa dunha sensacional ruta sendeirista, neste caso de 17 Km e de dificultade media-alta, na que se poderá gozar das fermosas vistas das illas Atlánticas ao fondo da ría de Vigo

15 xuño 2025
II proba da III Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica e IV Open Cidade de Santiago
Unha vez máis o noso clube xa está a prepar a embleática proba de Marcha Nórdica que vimos celebrando e desfrutando xuntos ano tras ano.
actívate e desfruta da natureza
Súmate á aventura
Se che gusta o deporte e o aire libre, eres dos nosos. Síntete convidad@ para sumarte ao noso grupo de camiñantes. Pero antes de nada, bótalle un ollo as seguintes indicacións.
Podo inscribirme?
Poden participar nas nosas actividades e rutas todas aquelas persoas adultas interesadas que reúnan un mínimo de condiciones físicas e non padezan enfermidade ou defecto físico que lles incapaciten para desenvolver a actividade.
- Os menores de 16 anos que cumpran estes requisitos deberán acudir acompañados por una persoa adulta que se faga responsable durante toda a actividade.
- Os adolescentes de entre 16 e 18 anos, deben contar simplemente coa autorización paterna.
Onde inscribirme?
- A forma máis sinxela de inscribnirte nunha actividade ou ruta é a través dos formularios on-line que acompañan as descricións das actividades e rutas nesta mesma web.
- Eres d@s que prefiren facernos unha visitiña, podes acudir á 1ª planta do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo diante da Igrexa, todos os martes de 18:30 h a 21 h (excepto festivos). Aquí poderás entregar a túa folla de inscrición cos datos solicitados e a rutas seleccionadas, máis a fotocopia do recibo co importe bancario correspondente a ruta a realizar.
- Por último, tamén podes optar pola inscrición electrónica a través do email. Só tes que enviar a copia do recibo bancario e a túa folla de inscrición cos datos cubertos máis a ruta/s seleccionadas.
Como inscribirme?
- Comprobar que quedan prazas dispoñibles na ruta ou rutas a realizar
- Facer ou ingreso correspondente na conta bancaria do Club Vía Láctea
- Cubrir o Formulario de inscrición con tódolos datos obrigatorios sen esquecer marcar a ruta ou rutas nas que se quere realizar a inscrición.
Cando inscribirme?
Para as rutas con duración de varios días, o prazo de inscrición rematará 9 días antes da súa realización e para as rutas dun día de duración o prazo rematará martes anterior a realización da ruta
Prazo de devolución por anulacións
Se procederá a devolución por anulación, sempre que se solicite cun mínimo de 9 días previos a la realización da ruta, para poder ofrecer con tempo suficiente as prazas que resulten vacantes a outras persoas que estiveran interesadas
Prazas e prazos de inscrición
- O número mínimo establecido de participantes por ruta será de 30 persoas, si non se alcanza a cubrir dito número, se procederá a suspensión da actividade , procedendo a devolución dos importes correspondentes as persoas que fixeran o ingreso.
- Número máximo de 50 persoas por ruta.
- As prazas se adxudicarán por orden de entrega da folla de inscrición xunto co resgardo do importe bancario correspondente a ruta a realizar.
- A organización se reserva o dereito de suspender, modificar o cambiar as rutas programadas en función das necesidades que poidan xurdir como: climatoloxía adversa, ou outros factores que supoñan un risco para os participantes, ou poidan ser causa de malestar para o normal desenvolvemento da actividade .

clases de horticultura
Aprende a hortelar con Nuska Chousa
Coñece todos os segredos da agricultura e xardinería ecolóxica coa referente Youtuber e influencer Nuska Chousa.
Todos os xoves de 18:00 a 19:30.

