actívate e desfruta da natureza
Súmate á aventura
Se che gusta o deporte e o aire libre, eres dos nosos. Síntete convidad@ para sumarte ao noso grupo de camiñantes. Pero antes de nada, bótalle un ollo as seguintes indicacións.
Podo inscribirme?
Poden participar nas nosas actividades e rutas todas aquelas persoas adultas interesadas que reúnan un mínimo de condiciones físicas e non padezan enfermidade ou defecto físico que lles incapaciten para desenvolver a actividade.
- Os menores de 16 anos que cumpran estes requisitos deberán acudir acompañados por una persoa adulta que se faga responsable durante toda a actividade.
- Os adolescentes de entre 16 e 18 anos, deben contar simplemente coa autorización paterna.
Onde inscribirme?
- A forma máis sinxela de inscribnirte nunha actividade ou ruta é a través dos formularios on-line que acompañan as descricións das actividades e rutas nesta mesma web.
- Eres d@s que prefiren facernos unha visitiña, podes acudir á 1ª planta do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo diante da Igrexa, todos os martes de 18:00 h a 21 h (excepto festivos). Aquí poderás entregar a túa folla de inscrición cos datos solicitados e a rutas seleccionadas, máis a fotocopia do recibo co importe bancario correspondente a ruta a realizar.
- Por último, tamén podes optar pola inscrición electrónica a través do email. Só tes que enviar a copia do recibo bancario e a túa folla de inscrición cos datos cubertos máis a ruta/s seleccionadas.
Como inscribirme?
- Comprobar que quedan prazas dispoñibles na ruta ou rutas a realizar
- Facer ou ingreso correspondente na conta bancaria do Club Vía Láctea
- Cubrir o Formulario de inscrición con tódolos datos obrigatorios sen esquecer marcar a ruta ou rutas nas que se quere realizar a inscrición.
Cando inscribirme?
Para as rutas con duración de varios días, o prazo de inscrición rematará 9 días antes da súa realización e para as rutas dun día de duración o prazo rematará martes anterior a realización da ruta
Prazo de devolución por anulacións
Se procederá a devolución por anulación, sempre que se solicite cun mínimo de 9 días previos a la realización da ruta, para poder ofrecer con tempo suficiente as prazas que resulten vacantes a outras persoas que estiveran interesadas
Prazas e prazos de inscrición
- O número mínimo establecido de participantes por ruta será de 30 persoas, si non se alcanza a cubrir dito número, se procederá a suspensión da actividade , procedendo a devolución dos importes correspondentes as persoas que fixeran o ingreso.
- Número máximo de 50 persoas por ruta.
- As prazas se adxudicarán por orden de entrega da folla de inscrición xunto co resgardo do importe bancario correspondente a ruta a realizar.
- A organización se reserva o dereito de suspender, modificar o cambiar as rutas programadas en función das necesidades que poidan xurdir como: climatoloxía adversa, ou outros factores que supoñan un risco para os participantes, ou poidan ser causa de malestar para o normal desenvolvemento da actividade .
Próximas saidas…

Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas
Do 5 ao 10 de decembro de 2023

Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas
Do 5 ao 10 de decembro de 2023

Todos os xoves de 19:00 a 20:30
Perfecciona a túa técnica en marcha nórdica
8€/clase única
25€/mensualidade de decembro
Faite socio/a do Club VÍa Láctea
e comeza a desfrutar de todas as vantaxes!
MARCHA NÓRDICA
Inicia ou perfecciona unha das actividades
máis completas do deporte ao aire libre!
Clases persoais de iniciación
Clases grupais de técnica
Saídas dos venres
ATÓPANOS
Centro Sociocultural de Conxo,
Conxo, Santiago de Compostela
SÉGUENOS NAS REDES
Fedérate con nós
